Web de Bouza do Rei en Castellano   Web de Bouza do Rei en Galego   English Bouza do Rei Website
Licor café Bouza do Rei

PRODUTOS

Licor Café


   Obtense pondo en maceración augardente de bagazo con café recentemente tostado de distintas variedades de Colombia e de Brasil de gran riqueza aromática e unha pequena parte de café Africano para dar corpo ao produto.

Á vista:

   Licor marrón, de tonalidade escuro pero brillante.

Nariz:

   Licor de gran intensidade aromática onde resalta alto grao de franqueza nas sensacións percibidas. Armonioso e doce de completo bouquet, persistencia de aromas de café recentemente tostado, cun toque alegre e fresco de augardente de bagazo.

En boca:

   Licor que invade a cavidade bucal con agradable sensación de calor, goloso e untuoso en boca. Sensación retro-gustativa de aromas procedentes das uvas con que se elaborou o augardente, maritado coa persistencia das distintas variedades de café recentemente tostado.

Licor Café
BOUZA DO REI S.A.T. - Puxafeita, s/n - 36636 Ribadumia - España
Tel. 986 71 02 57 - Fax. 986 71 83 93
Inicio - A Adega - Produtos - Premios - Galeria - Contactar
Realización espazo web: Arousa Digital