Augardente Tostada Bouza do Rei

PRODUTOS

Augardente de Oruxo Tostada


   Unha vez destilado o augardente de bagazo, engádeselle azucre caramelizado, así como un toque de café para "suavizar", ou redondear a forza do augardente de bagazo, obtendo unha bebida máis suave ao padal, pero que mantén as características da bebida orixinal.

Á vista:

   Licor ambarino-tostado.

Nariz:

   Augardente de gran intensidade aromática onde resalta a súa finura e grao de franqueza nas sensacións percibidas. Gran persistencia de aromas en nariz a tostado, así como caramelizado, sensación de vainilla en rama.

En boca:

   Licor que invade a cavidade bucal cunha moi lixeira sensación de calor doce, con reminiscencias de caramelo, sensación retro-gustativa de aromas procedentes das variedades das uvas coas que foi elaborado, así como un lixeiro gusto a café tostado.

Tostada
BOUZA DO REI S.A.T. - Puxafeita, s/n - 36636 Ribadumia - España
Tel. 986 71 02 57 - Fax. 986 71 83 93
Inicio - A Adega - Produtos - Premios - Galeria - Contactar
Realización espazo web: Arousa Digital