Web de Bouza do Rei en Castellano   Web de Bouza do Rei en Galego   English Bouza do Rei Website
Entorno da Adega Bouza do Rei

A ADEGA BOUZA DO REI

O Entorno da Adega Bouza do Rei

   Bouza do Rei sitúase en Ribadumía en pleno corazón do Val do Salnés, entre as Rías de Arousa e Pontevedra, que é a maior chaira costeira de Galicia. é unha das terras mais fértiles e considérase a subzona histórica do Albariño, ademais de ser a que presenta unha orografía mais chaira, de feito as viñas adóitanse cultivar en pequenos outeiros que de cando en cando superan os 100 metros sobre o nivel do mar.

Entorno Adegas Bouza do Rei

   Os terreos dos viños Rías Baixas están baixo o influxo do clima atlántico, no outono e inverno adoitan recibir a visita de frontes calidos de procedencia tropical que adoitan ocasionar unhas fortes precipitacións con medias anuais ao redor dos 1300 mm. e temperaturas suaves. A primavera é precoz e libre de xeadas mentres que o verán é seco, aínda que as temperaturas adoitan manterse suaves pola proximidade do mar e as proteccións montañosas. En xeral os chans son graníticos e relativamente arenosos, ricos en materia orgánica e lixeiramente acedos, permeables e profundos excepto nos outeiros e favorecen o crecemento da uva cun grato aroma.

BOUZA DO REI S.A.T. - Puxafeita, s/n - 36636 Ribadumia - España
Tel. 986 71 02 57 - Fax. 986 71 83 93
Inicio - A Adega - Produtos - Premios - Galeria - Contactar
Realización espazo web: Arousa Digital